Convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, cofinanciada pola Unión Europea

Xoves, 23 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Agrupación de concellos de Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son

Que é o SAT?

É un Servizo de Atención Temperá de carácter público e gratuito que atende á poboación infantil de 0 a 6 anos, ás súas familias e á súa contorna, que ten por obxectivo atender o máis axiña posible as necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos/as con trastornos no seu desenvolvemento ou con risco de padecelos.

Que ofrece?

•Diágnose e valoración dos trastornos de desenvolvemento dos/das nenos/as
•Apoio en todas as areas de desnvolvemento do/a neno/a:
•Desenvolvemento psicomotor
•Desenvolvemento cognitivo
•Desenvolvemento da linguaxe e comunicación
•Desenvolvemento da autonomía
•Desenvolvemento da área social e afectiva
•Apoio, información, habilitación e formación da familia:
•Terapia psicolóxica individual
•Grupos de familias.
•Coordinación coa contorna:
•Colaboración cos /as profesionais do ámbito social, educativo e sanitario e outros recursos da comunidade

Como se pode acceder ao SAT?

•Calquera familia residente nos concellos de Noia, Lousame, Muros, Outes ou Porto do Son poderá solicitar información e atención no mesmo.

•Por derivación pediátrica.

Como contactar co SAT?
•Chamando ao 981 824 248

•A través de correo electrónico sat@noia.es

•Acudindo directamente ao Servizo, situado en Frei Lois Rodríguez, no 9, baixo- Noia

Normativa que regula os Servizos de Atención Temperá Decreto 183/2013 polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá Protocolo de coordinación, intervención e derivación interinstitucional en Atención Temperá

Para o período do 1 de novembro de 2022 ao 31 de outubro de 2024 a Agrupación de Concellos de Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son recibiu unha axuda por importe de 314.067,39€ para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas parcialmente polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027.