O Concello de Noia vén de adquirir un vehículo adaptado para activar o novo servizo de punto limpo móbil que percorrerá as parroquias do municipio.
O novo camión leva unha grúa incorporada e conta con varios compartimentos para recoller distintos tipos de residuos tales como baterías; textiles e calzado; pilas; vidrio; aceites e demais elementos de refugallo.
A nova infraestructura municipal conta cun investimento de máis de 70.000 euros, financiada pola Xunta de Galicia e o Concello de Noia.
“Este novo punto limpo móbil permite dar un servizo transversal de reciclaxe e complementar ao punto limpo situado no polígono de Augalevada. Ademais, medidas coma esta axudan a concienciar a toda a veciñanza da importancia separar e depositar os residuos dunha forma axeitada”, explicó el alcalde de Noia, Santiago Freire.