Noia abre ao público o Belén animado da igrexa de Santa María a Nova

Luns, 12 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia xa desfruta do Nadal e abriu hoxe ao público o Belén animado que está ubicado na igrexa de Santa María a Nova.

As persoas interesadas poderán visitar o nacemento de luns a sábado en horario de 10:30h a 13:30h e de 16:00h a 20:00h e os domingos en horario de mañá de 11:00h a 14:00h.

O alcalde de Noia, Santiago Freire e a concelleira de Comercio, Laura Salgado, visitaron a inauguración do Belén e animaron “a todos os veciños e veciñas a visitar este peculiar, interesante e tradicional nacemento que xa forma parte do Nadal da nosa vila”.

Multimedia