Subvención á modernización e xestión sustentable das infraestructuras das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationUE e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/2024.
O obxecto destas subvencións estriba na transición verde e transformación dos espazos escénicos e musicais que impulsen un crecemento intelixente e sustentable da súa xestión.
O Concello de Noia foi beneficiario dunha axuda por importe de 31.624,71 € para levar a cabo o proxecto de mellora no Teatro “Coliseo Noela” dos sistemas de iluminación dixital coa adquisición de mesas de luces dixitais, de ordenadores para instalar software de control de iluminación, proxectores de iluminación Led; así como a mellora dos sistemas dixitais de audio e comunicacións en rede do teatro, instalando sistemas de comunicación en rede, sistemas de intercomunicacións dixitais en redes pechadas vía RF, enfocadas á coordinación en directo de eventos escénicos ou musicais, e tamén se levaría a cabo a implementación dun sistema completo de reprodución e amplificación dixital do son nun contexto profesional e con especificacións técnicas e uso de nivel profesional acorde co espazo no que se vai a instalar.