Rematadas as obras de mellora do parque infantil de San Lázaro

Mércores, 16 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O parque infantil de San Lázaro xa loce dun novo aspecto máis renovado e acolledor tras as obras de mellora realizadas nas instalación.

Dita inversión, de máis de 48.000 euros, está financiada pola Dirección Xeral de administración Local, Vicepresidencia da Xunta de Galicia e o Concello de Noia e contemplou a instalación da cuberta, a renovación da soleira, aplicación de caucho anti impacto na zona de xogo, así como a renovación e pintado da valla perimetral e de das atraccións. Ademais, en vindeiras fases está previsto que siga mellorando o parque.

Tras a apertura, o alcalde de Noia, Santiago Freire, manifestou que “a veciñanza e as familias xa poden gozar dun espazo de xogo en San Lázaro máis seguro e acolledor”.

Multimedia