Noia adquire unha nave que será acondicionada para aulas de formación e como almacén

Venres, 04 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia aprobou a semana pasada a incorporación ao inventario municipal de bens dunha nave de pedra situada en Santa María de Roo que será acondicionada e destinada a aulas de formación, para o obradoiro de emprego e como almacén do propio Concello.

O inmoble, que xa foi adquirido polo Concello, comezará coa súa reahibilitación e posta a punto nas vindeiras datas para que sexa “un novo punto de formación do municipio e sirva ademáis como impulso laboral á nosa veciñanza”, destacou o alcalde, Santiago Freire.

Multimedia