Dan comezo as obras de construción da rotonda no cruce de A Barquiña e de acondicionamento na travesía da AC-550 en Noia

Xoves, 13 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os traballos de construción da nova rotonda no cruce de A Barquiña coa estrada DP-5704 e de acondicionamento na travesía AC-550 en Noia son xa unha realidade.

A actuación, financiada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade cun orzamento de preto de 1,15 millóns, incluirá a construción dunha glorieta de 13 metros de radio para substituír a intersección actual no punto quilométrico 71+120, na estrada AC-550, de aceso ao porto de A Barquiña.

Do mesmo xeito, o proxecto tamén inclúe a renovación da capa de rodadura e das beirarrúas, desde a nova rotonda ata a alameda de Noia, implicando deste xeito a reordenación das marxes da estrada dotándoa dun itinerario peonil cun aparcadoiro correctamente dimensionado á marxe da estrada para garantir unhas condicións óptimas de estacionamento.

A través desta intervención procurase mellorar o aparcadoiro actual en ambas marxes da vía, o cal resulta insuficiente e causa que os vehículos teñan que subir á beirarrúa deteriorándoa.

Desde o goberno local sinalan a súa satisfacción ante o comezo duns traballos “encamiñados a ofrecerlle á nosa veciñanza unhas mellores condicións de seguridade” e aseguran que esta actuación suporá “un notorio aumento na calidade dos desprazamentos tanto a pé como en automóbil”.