Mércores, 16 de xuño de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia publica a convocatoria para o curso 2021/2022 para a adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar. Esta liña estará destinada a edicación Infantil e Primaria.
O prazo para presentar as solicitudes de ditas axudas estará aberto desde o 17 de xuño ata o 7 de xullo (ambos os dous incluídos).
As axudas que se soliciten para dos ou máis irmáns, deberá presentarse unha solicitude por cada alumno.
As solicitudes deberán presentarse, correctamente cubertas e coa documentación obrigatoria completa, a través do Rexistro de entrada ou da sede electrónica do Concello de Noia.