O Concello loita contra os efectos do picudo vermello aplicando un tratamento preventivo ás palmeiras sitas no núcleo urbano

Venres, 30 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Parques e Xardíns do Concello de Noia aplicou a 3ª das tres doses anuais do tratamento preventivo contra o picudo vermello nas palmeiras sitas en: Alameda, nos xardíns de Felipe de Castro, diante do IES Virxe do Mar e do pavillón Agustín Mourís. 

A través destas aplicacións, o executivo consegue evitar os efectos devastadores que este insecto está a causar na comarca. 

 

Multimedia