Martes, 20 de outubro de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Concellería de Deportes, dirixida por Laura Salgado García, acaba de rematar os traballos para mellorar a piscina municipal de Noia. O proxecto acometido polo Concello incluíu as seguintes intervencións:
- Tarefas de mantemento.
- Reparación de gretas.
- Mellora no illamento.
- Labores de pintura.
Como explica a concelleira trátase de actuacións "moi necesarias que mellorarán a imaxe desta instalación, así como o confort dos usuarios e usuarias", incide Salgado García.