Protección civil

Ten a súa sede no edificio municipal situado no polígono industrial de Augalevada. A estrutura de persoal de Protección Civil de Noia é a seguinte:

Xefe de Protección Civil.
Tres membros estables financiados polas consellerías de Medio Ambiente e obras públicas. e Medio Rural
Grumir (Grupo Municipal de Intervención Rápida). A Grumir de Noia está composta por tres oficiais e doce peóns que eran financiados ata agora pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.

Este corpo conta con tres camións de bombeiros, un vehículo urbano lixeiro, dous todoterreos e dúas zódiacs. Ademais dispón de desfibrilador e tamén equipo de excarcelación, entre outros medios.

O Concello de Noia conta tamén coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, unha asociación de voluntarios composta por 46 integrantes e que colabora na seguridade co concello.

Teléfono de Contacto: 981 82 42 22
Emerxencias: 112
Correo electrónico: pcnoia@terra.es
web: http://noia.e.telefonica.net