O Concello de Noia realiza convocatorias anuais de axudas para favorecer a integración escolar, especialmente das persoas con menos recursos. Neste curso convocáronse axudas para material escolar dirixidas ao alumnado de educación infantil, axudas para comedor escolar dirixidas ao alumnado de educación infantil e primaria e axudas ao transporte escolar para aqueles veciños de Noia que obrigatoriamente teñen que cursar os seus estudos fóra do noso concello.
As convocatorias destas axudas adoitan publicarse no BOP durante a primeira quincena do mes de xullo. O prazo para realizar as solicitudes de 30 días hábiles dende a súa publicación.