En tempada estival o concello de Noia dispón de servizo de socorristas nas praias: trátase de persoal temporal financiado pola consellería de Traballo da Xunta de Galicia.
O concello de Noia foi dos primeiros en contar con PEMU, O Plan de Emerxencias Municipal do Concello de Noia. Nel márcanse as pautas de actuación en caso de traxedia ou catástrofe, e define os perigos existentes na nosa Vila.