Desde a Concellería de Educación mantense unha relación constante cos centros educativos de titularidade pública do Concello, e con subvencións directas para o financiamento de actividades. En canto aos CEIP, o Concello de Noia encárgase da luz, limpeza, xardinería e mantemento en xeral; o concello tamén sufraga o salario dos bedeis de cada CEIP público.